Nesta nova entrega de Escarlatina, "Os arquivos secretos de Escarlatina" atoparás todo o que sempre quixeches saber sobre esta saga tan terrorífica como divertida: A que xogan os defuntos os xoves pola noite no mausoleo de Escarlatina? Lograría a cociñeira montar o seu propio restaurante? Quen goberna no Alén na actualidade? Quen foi o verdadeiro asasino de Amanito? Pero non só iso: neste novo libro atoparás unha incrible sorpresa e, se es quen de resolver o misterio, poderás participar no concurso "Enigma Macabro". Sabes xa quen matou a Amancio? Entón manda a túa resposta canto antes! As cen primeiras respostas correctas recibirán unha carta da mesmísima Escarlatina! Atoparás as bases e toda a información aquí.
Pasa o cursor por enriba das estrelas para saber máis sobre estes libros e preme no círculo branco da esquina inferior dereita para ampliar a imaxe. Apetéceche dar outra volta polo Alén?
Sitúa el cursor sobre los corazones para saber más cosas de estos libros. Amplía en el círculo blanco de la esquina inferior derecha.
(Recomendaciones a partir de 2º de ESO)